José Casal Fernández
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de agosto de 1906 Vilaboa, España |
Morte | 18 de decembro de 1984 (78 anos) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | carpinteiro , sindicalista , político |
José Casal Fernández, nado en Vilaboa o 24 de agosto de 1906 e finado o 18 de decembro de 1984, foi un carpinteiro, sindicalista e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Carpinteiro de ribeira, dirixente das mocidades socialistas de San Adrián e directivo da Sociedad de Agricultores e da Sociedad de Obreros de Construción Naval, afecta á UGT. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi obrigado a presentarse no cuartel da Garda Civil de Moaña. Detido o 8 de setembro de 1936 foi xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co seu irmán Belarmino e o seu curmán Rogelio Calvar Casal, foron condenados a cadea perpetua. Preso primeiro en San Simón, foi trasladado á Prisión de San Cristóbal (Pamplona), onde permaneceu ata setembro de 1940, cando saíu en liberdade provisional. Deixou un diario manuscrito do seu paso por San Simón e Pamplona.[1]
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con Casilda Rosendo, e foi pai de Democracia Casal Rosendo, que en 1936 foi bautizada como Lucrecia Casal Rosendo.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Diario de José Casal
- ↑ Luís Bará (31 de xaneiro de 2015). "O día que Democracia se chamou Lucrecia". Non dés a esquecemento.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Blanco Casal, Alberte (2019). Memorias da brétema. Punto Rojo. ISBN 9788413049878.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- José Casal Fernández na páxina web Nomes e Voces.